Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


A lingua tiveran por lingua d'escravos: o autoodio como concepto sociolingüístico

  • Autores: Xosé Ramón Freixeiro Mato
  • Localización: Estudos de lingüística galega, ISSN 1889-2566, Nº. 6, 2014, págs. 117-137
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • O obxectivo do presente traballo é comprobarmos se o autoodio lingüístico é un concepto vigorante e de utilidade nos estudos de sociolingüística con carácter xeral, e tamén se ten aplicación ao contexto sociolin­güístico galego. Unha vez constatada a presenza do fenómeno, prestarase atención ao modo como se vai xerando e á súa relación con conceptos afíns como os preconceptos lingüísticos, a baixa autoestima, o com­plexo de inferioridade ou a deslealdade lingüística. A partir de aquí lévase a cabo unha descrición do autoo­dio en xeral e do autoodio lingüístico en particular, até chegar á súa definición como categoría sociolingüísti­ca singular. A seguir analízanse algunhas referencias históricas que deixan testemuño da presenza do au­toodio lingüístico na sociedade galega do pasado, os grupos sociais onde puido ter incidencia e a posíbel influencia no proceso de substitución lingüística. Por último, conclúese que o concepto de autoodio con­tinúa a ser válido e necesario na descrición da reali­dade sociolingüística da lingua galega e das linguas minorizadas en xeral. Trátase, en suma, dunha análise histórica do concepto obxecto de estudo.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno