A frecuente aparición da terminación <-a> e <-o> (ás veces elemento inicial) en numerosas unidades lingüísticas é un feito que multiplica as posibilidades segmentativo-interpretativas de tales vogais finais (ou iniciais), pola polivalencia destes elementos, xa que combinan as funcións de artigo e de pronome en función de complemento directo, para alén de poder ser tamén preposición (a), forma verbal (á), contracción da preposición a co artigo feminino (à) e, mesmo, prefixo (a-).
Partindo da importancia que o proceso de segmentación ten para o estabelecemento do texto crítico medieval, e tendo en conta os factores condicionantes e mais certo carácter de subxectividade desta operación ecdótica, neste artigo faise unha revisión do corpus da poesía trobadoresca profana para levantar múltiplos problemas existentes na segmentación das secuencias e
Deste modo, a partir da revisión dos manuscritos e do confronto coas principais edicións existentes, son moi numerosas as propostas de rectificación textual no corpus lírico medieval galego-portugués que se fan a partir dunha perspectiva segmentativa.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados