Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Correspondencias léxicas entre a fala de Cáceres e o portugués

  • Autores: Xosé Afonso Alvarez Pérez
  • Localización: Estudos de lingüística galega, ISSN 1889-2566, Nº. 6, 2014, págs. 5-17
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • No Val de Xálima fálanse tres variedades romances es­treitamente relacionadas que, no seu conxunto, son co­ñecidas co glotónimo fala. Desde o seu redescubrimento, vai xa para un cuarto de século, a polémica sobre a súa adscrición lingüística é intensa. Unha das posturas reivin­dica o carácter galego da fala, apoiándose en argumen­tos históricos (procesos medievais de repoboamento) e lingüísticos (supostas similitudes destas variedades co galego que non existirían nas linguas veciñas). En 2013, o Prof. Xosé-Henrique Costas, o maior referente da reivin­dicación da galeguidade dos falares de Xálima, publicou un volume que recompila diversos traballos sobre varios aspectos da fala; entre eles, un estudo de varias ducias de designacións lexicais que, segundo Costas, son exclu­sivos da fala (por exemplo, arcaísmos) ou ben paralelos entre o galego e as falas de Xálima que non existen nin en portugués nin en castelán. Non obstante, unha lectura do texto revelou que varias das formas alí incluídas eran ben coñecidas no portugués dialectal, polo que se facía nece­sario verificar a validez do conxunto da listaxe. O obxec­tivo deste traballo foi realizar un exame sistemático da presenza ou ausencia desas supostas formas específicas da fala nos materiais dialectais casteláns e portugueses. Os resultados confirmaron a hipótese de partida. Un im­portante número das designacións expostas por Costas están presentes nos dialectos portugueses (non só nos lindeiros co Val de Xálima) e incluso na lingua estándar; non faltaron tampouco correspondencias con variedades dialectais estremeñas e salmantinas. As conclusións do traballo reivindican a necesidade de ter ben presentes os materiais dialectais á hora de examinar as características lingüísticas da fala, unha precaución necesaria para dar solidez ó debate científico sobre a súa orixe.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno