Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de As parroquias cariocas: vivenda e traballo dos galegos nas parroquias centrais de Río de Xaneiro (final do século XIX e século XX)

Erica Sarmiento da Silva

  • Na segunda metade do século XIX, os inmigrantes galegos compartían cos portugueses, italianos e africanos os lugares común cariocas e o mercado ambulante. A parroquia a de Santo Antonio foi un dos primeiros redutos da inmigración galega en Río de Xaneiro. Nas rúas de Lavradio, Lapa, dos Arcos, Joaquim Silva e Visconde de Maranguape, viviu, traballou e tivo negocios unha boa porcentaxe da inmigración galega de Río de Xaneiro. A localización das principais rúas e barrios onde se concentraban os galegos serviu como base para definilos dentro do contexto urbano carioca no século XX, alén de vincular o local de vivenda coas profesións exercidas e se esa ocupación xeográfica profesional tiña relación coas redes cociais. A través do cruzamento de fontes españolas e brasileiras, como as matrículas do Hospital español e do Consulado español e das fontes orais, constatamos a presenza dos pioneiros e dunha sólida cadea migratoria que se prolongou ata os días actuáis. O obxectivo desde artigo é localizar os focos migratorios concentrados polas principais parroquias de Río de Xaneiro, no final do século XIX e século XX e, a través das fontes orais, resuperar historias dos galegos que vivirán en Río de Xaneiro da Belle Époque


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus