Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Unha sociedade galaica cun ámbito de referencia crioulo: o Centro Gallego de Barracas al Sud / Avellaneda

  • Autores: Ruy Farías
  • Localización: Estudos migratorios: revista galega de análise das migracións, ISSN 1889-9609, Vol. 2, Nº. 2, 2009 (Ejemplar dedicado a: Achegas locais á emigración galega), págs. 109-132
  • Idioma: español
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)
  • Resumen
    • galego

      Entre finais do século xix e principios do xx o municipio bonaerense de Barracas al Sud (dende 1904 Avellaneda), situado inmediatamente ao sur da cidade de Bos Aires, experimentou un cambio radical na súa estrutura produtiva, que fixo dunha área até entón basicamente rural e despoboada outra de características marcadamente industriais. Esta mutación xerou unha gran demanda de man de obra que, pola súa vez, provocou un boom demográfico colosal, en boa medida ligado á afluencia masiva de inmigrantes europeos, particularmente daqueles oriúndos de Galicia. En 1899 xurdiu nese municipio o Centro Gallego de Barracas al Sud (hoxe Centro Gallego de Avellaneda), durante case 20 anos a única institución galaica da zona, e actualmente a decana do asociacionismo galego na Arxentina. Partindo dunha descrición do contexto socioeconómico da zona no paso dun século ao outro, das características xerais da inmigración galega nela e dos trazos fundamentais do asociacionismo galego na Arxentina, o presente traballo pretende reconstruír algúns dos aspectos máis relevantes e as peculiaridades do Centro de Avellaneda. Particularmente interesantes resultan as características da súa elite, cuxos fins (explícitos e implícitos) levárona a articular o seu rol de dirixentes étnicos, coa procura de recoñecemento e prestixio social no ámbito local de Avellaneda.

    • English

      Between the end of the 19th century and the beginning of the 20th, the municipality of Barracas al Sud (renamed Avellaneda in 1904), located next to the southern border of the city of Buenos Aires, experienced a radical change in its economic structure. Consequently this region, which was previously mostly rural and uninhabited, rapidly industrialized. This created a huge demand for labour, resulting in an incredible demographic boom caused by � in part � the arrival of a large number of immigrants from Europe, particularly Galicia. The Centro Gallego de Barracas al Sud (de Avellaneda nowadays), created in 1899, was almost the only galaica institution in that area for 20 years and today it is the oldest institution representing the asociacionismo gallego in Argentina. This paper begins by describing the socio-economic context of Barracas al Sud at the turn of the century, then details the general characteristics of its gallega immigration, and concludes by presenting the main characteristics of the asociacionismo gallego in Argentina. The paper reconstructs some of the most remarkable features and peculiarities of the Centro in Avellaneda. Particularly interesting are the characteristics of the Centro�s elite, whose intentions � whether explicit or not � helped them to articulate their role as ethnic leaders and gain respect and social prestige in Avellaneda�s local society.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno