Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


"Vin porque me trouxeron, non quería vir", de Carnota a Astoria.: a emigración de Carnota na cidade de Nova York

  • Autores: Manuel Vilar Alvarez
  • Localización: Estudos migratorios: revista galega de análise das migracións, ISSN 1889-9609, Vol. 2, Nº. 2, 2009 (Ejemplar dedicado a: Achegas locais á emigración galega), págs. 69-90
  • Idioma: español
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)
  • Resumen
    • galego

      Neste artigo pretendemos facer unha aproximación antropolóxica á emigración da zona de Carnota á cidade de Nova York. En primeiro lugar, trataremos de comprobar se hai ou houbo na zona de Carnota unha «cultura da emigración» cara a esta cidade americana e cales son os motivos que a impulsan. En segundo lugar, e dentro desta «cultura da emigración», veremos como funcionaban as redes migratorias. Por último, faremos un seguimento da xente de Carnota en Nova York, desde o noso traballo de campo e desde a biografía persoal, para achegarnos ás súas vidas de emigrantes e ver como constrúen ou reconstrúen as súas identidades na gran mazá en continuo xogo entre as dúas augas do mar: o lugar de orixe e o de destino, alá e aquí.

      Intentamos enmarcar esta aproximación dentro do paradigma do transnacionalismo, entendido como un proceso polo que os emigrantes forxan e manteñen múltiples relacións sociais que conectan a sociedade de orixe coa de asentamento, tal como para a antropoloxía o redefinen Nina Glick Schiller, Linda Basch e Cristina Blanc-Szanton.

      A emigración galega aos Estados Unidos de América é unha emigración minoritaria e na cidade de Nova York case invisible. Os procedentes da zona de Carnota forman parte desa invisibilidade.

    • English

      In this paper we try to make an anthropological approach to the emigration from de Carnota area to the city of New York. First at all we try to check if there is or there was a «culture of migration» to the city of New York and what are the causes. Secondly, and inside of this «culture of migration», we will look to the migration netwoks. Finally we will follow the people of Carnota in New York from our field work and from the personal biography in an intent of Big Apple, in a play between the two waters of the sea: the place of origin and the place of destination, here and there. We try to frame this approach in the paradigm of transnacionalism, understood it as a proccess by which immigrants build social fields that link together their country of origin and their country of settlement, as for the Anthropology redefine Nina Glick Schiller, Linda Basch and Cristina Blanc-Szanton.

      The Galician migration to USA is a minority migration and in the city of New York is invisible.

      People from Carnota area are part of this invisibility.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno