Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Diversidade étnica e asociacionismo español en Arxentina

Alejandro Fernández

  • galego

    O artigo ofrece unha análise do proceso de diversificación étnica no interior da colectividade española en Arxentina durante a etapa de inmigración a grande escala e tomando como ángulo de observación as asociacións voluntarias creadas polos cataláns radicados en Bos Aires. Este proceso dividiuse en tres etapas; durante a primeira delas, que abarca o terceiro cuarto do século xix, é claro o predominio do asociacionismo que trataba de incluír os inmigrantes de todas as rexións españolas; no entanto, a colectividade catalá desenvolve de maneira precoz un mutualismo definido segundo un criterio de admisión rexionalista. Na segunda etapa (1880-1910) o asociacionismo catalán incorpora uns obxectivos culturais que xorden da relación da colectividade coa rexión de orixe. Finalmente, a terceira etapa, que se prolonga até a Guerra Civil española, presencia a formación e desenvolvemento dun catalanismo político, definido frecuentemente en sentido conflitivo respecto da identidade hispánica.

  • English

    O artigo ofrece unha analise do proceso de diversificacion etnica no interior da colectividade espanola en Arxentina durante a etapa de inmigracion a grande escala e tomando como angulo de observacion as asociacions voluntarias creadas polos catalans radicados en Bos Aires. Este proceso dividiuse en tres etapas; durante a primeira delas, que abarca o terceiro cuarto do seculo xix, e claro o predominio do asociacionismo que trataba de incluir os inmigrantes de todas as rexions espanolas; no entanto, a colectividade catala desenvolve de maneira precoz un mutualismo definido segundo un criterio de admision rexionalista. Na segunda etapa (1880.1910) o asociacionismo catalan incorpora uns obxectivos culturais que xorden da relacion da colectividade coa rexion de orixe. Finalmente, a terceira etapa, que se prolonga ate a Guerra Civil espanola, presencia a formacion e desenvolvemento dun catalanismo politico, definido frecuentemente en sentido conflitivo respecto da identidade hispanica.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus