Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


A muller emprendedora nos viveiros galegos

  • Autores: Francisco Jesús Ferreiro Seoane, Marta Camino Santos
  • Localización: Roles de xénero en tempos de crise / coord. por Anabel González Penín, Eva Aguayo Lorenzo, Ana Jesús López Díaz, 2013, ISBN 978-84-15876-62-5, págs. 187-192
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • As últimas décadas supuxeron un grande avance para a muller en canto a cambios laborais e sociais, cuxos exemplos máis característicos os encontramos na masiva incorporación das mulleres ao mercado de traballo e a conseguinte feminización do colectivo asalariado. Neste momento de crise económica no que nos encontramos, as devanditas políticas de igualdade retardáronse dun xeito espectacular, ademais de producirse un forte aumento do desemprego especialmente entre o sector feminino. Os viveiros de empresa son unha potente ferramenta para o desenvolvemento económico e social, que fomenta o emprendemento, especialmente naqueles colectivos con menores oportunidades laborais, como é o caso das mulleres. O obxectivo da comunicación será analizar o papel da muller como emprendedora nos viveiros de empresas en Galicia. Para iso, estudaranse os cambios na situación laboral da muller nos últimos anos, así como a porcentaxe de emprendemento feminino nos viveiros de empresas galegos. Ao final desta, expoñeranse os resultados e as conclusións derivadas do estudo.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno