Esta publicación recolle algúns dos relatorios presentados por diferentes expertos nas "Xornadas de Debate sobre os incendios Forestais en Galiza" organizadas pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) os días 20 e 21 de outubro de 2006 en Santiago de Compostela. Nas xornadas participaron recoñecidos investigadores das universidades galegas, ecoloxistas, asociacións de propietarios, expertos en rexeneración ambiental, sociólogos, sindicatos agrarios e políticos.Así, o presente resumo non se limita ás achegas presentes neste número. No acto de inauguración, Suso de Toro definiu o encontro como " A mobilización integral e moral das mellores enerxías do país" e referiuse á importancia da relación que mantivemos os galegos e as galegas co monte nas diferentes épocas da historia, nas que �nunca deixamos de identificarnos coa terra, a pesares das nosas contradicións; por iso, cando falamos de monte queimado, tamén falamos das queimaduras do noso corpo�
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados