Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Análise da tradución literaria cara ao galego: fitos e tendencias nos primeiros anos do século XXI

  • Autores: Ana Luna Alonso
  • Localización: Lingua e tradución: IX Xornadas sobre Lingua e Usos / Xesús Manuel Mosquera Carregal (aut.), 2013, ISBN 978-84-9749-557-8, págs. 101-125
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Até ben entrada a década dos oitenta, a tradución serviu para prestixiar a lingua e cubrir moitos baleiros do campo literario galego, sobre todo o que ía directamente dirixido ás persoas máis cativas. Ademais, a escolla dos temas e obras pretendía fortalecer un ideario identificador como foi o labor das e dos intelectuais da época Nós. Aínda que estas funcións seguen a ter a súa relevancia, con este traballo demostramos que a produción literaria traducida desenvolve outras facetas nos últimos anos. A función normalizadora lingüística pasa a un segundo posto nesta última década para outorgarlle o protagonismo á normalización cultural.

      Como veremos na análise realizada a partir dos datos, a tradución fai posible que se incorporen ao patrimonio cultural galego novos discursos, coñecementos e formas de pensamento, que se afastan en ocasións, da dinámica xeral que caracteriza as linguas fortes ou hexemónicas. A preocupación por traducir textos procedentes de novos lugares e novas materias é cada vez maior, aínda que seguimos a depender dos sistemas máis próximos que deciden o canon, e esa dependencia por veces tampouco é allea a territorios máis distantes importados. É imprescindible decatarse de que temos unha visión europeísta e limitada do que se considera universal, e o papel da investigación debe ser o de interesarse, tanto polas motivacións que conducen a que un texto sexa traducido e como se traduce, así como polos discursos creados ao seu redor e as razóns que levan a que determinados textos e autorías non cheguen a ver a luz.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno