Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de As Terras Raras: o ouro tecnolóxico

Alfonso S. Gracia Plaza

  • As Terras Raras tamén se coñecen como o "ouro verde", "ouro tecnolóxico" ou os "minerais do futuro". Utilízanse na fabricación de coches eléctricos, motores en coches híbridos, aeroxeradores, leds, lámpadas de baixo consumo, pantallas de computadoras, teléfonos móbiles, etc. Tamén son elementos cobizados pola industria das armas. Este ouro tecnolóxico estase a converter na causa da chamada "Guerra do século XXI" entre China e os países occidentais. Agora a carreira mundial pola explotación das terras raras chega a Galiza, concretamente á Serra do Galiñeiro, onde unha multinacional surafricana solicitou permiso para investigar alí a presenza do recurso prezado. A continuación, imos afondar no coñecemento das Terras Raras cun experto no campo, o Doutor en Ciencias Xeolóxicas, Alfonso S. Gracia.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus