Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


O fundamentalismo islámico como modelo político

  • Autores: Xoan Carlos Bascuas Jardón
  • Localización: Cruceiro de sociedades: sociedades en encrucijada, 1993
  • Idioma: gallego
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)
  • Resumen
    • Os sucesivos fracasos dos distintos proxectos de modernización, que se pretenderon desenvolver tanto na África do Norte ou Magreb como no Oriente Próximo ou Marchrek, permitiu que o fundamentalismo se consolidase como resposta política para as sociedades islámicas.

      De tódolos xeitos, estos procesos cara a formación ou tentativa de configuración de Estados teocráticos non deben de ser interpretados como homoxéneos; non só referíndose os medios a empregar (violencia e loita armada ou canles democráticas e eleccións), senón tamén desde o papel que se lle otorga a Lei do Home (o que nos permitirá ver cál é o islamismo fundamentalista, cál é o laicista e cál é o reformista) e desde as propias peculiaridades das distintas caras da relixión islámica.

      Para un mellor achegamento á comunidade do Islam (a umma) e para comprender igualmente a influencia da relixión na vida política dos fundamentalistas, cómpre evita-lo tradicional laicismo e materialismo da actual cultura europea. Estos, conxuntamente con certas pretensións taxonómicas, son os obxectivos da presente comunicación.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno