Considerado unha das voces palestinas máis respectadas no mundo académico, político e intelectual, Bichara Khader, director do Centro de Estudos e Investigacións sobre o Mundo Árabe Contemporáneo (CERMAC) na Universidade Católica de Lovaina (Bélxica), analiza a realidade palestina e manifesta a súa preocupación pola polarización política interna entre Hamás e Al Fatah, a parálise do proceso de paz, a atomización política en Israel, o sistema de apartheid impulsado pola colonización israelí, as repercusións da Primavera árabe e o distanciamento internacional ante o drama palestino. Neste contexto de conflitos e sufrimento, Khader albisca que a única esperanza para os palestinos é a rebelión popular contra a colonización israelí
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados