Indubidable protagonista dos cambios acaecidos no sistema internacional na última década, Brasil experimenta importantes transformacións socioeconómicas e políticas traducidas nos exitosos programas do goberno de Lula da Silva (2003-2011) e da súa sucesora Dilma Roussef, complementados coa atención e confianza internacional ante a súa economía emerxente. Así e todo, Brasil encara importantes retos e reformas no seu proxecto de desenvolvemento. Por outra banda, resulta unha incógnita a súa verdadeira capacidade para liderar un mundo multipolar. Os expertos entrevistados analizan esta realidade do país a través da súa experiencia como asesores do actual goberno brasileiro
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados