Diversos factores definen o actual sistema internacional, traducidos esencialmente no declive da hexemonía estadounidense e na consolidación de novas potencias emerxentes como China, India e Brasil. O autor, destacado diplomático e académico venezolano actualmente embaixador en Singapur, albisca o retorno do sistema de balanza de poder, definido polo avance do islamismo, o ascenso dos países do Sur, unha crise económica sistémica e as crecentes disparidades e desigualdades entre os países desenvolvidos e o mundo en desenvolvemento. Neste estela de cambios, Toro Hardy asegura que Oriente, con China á cabeza, comeza a recuperar o seu histórico papel de predominio
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados