Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de "Moitos propietarios galegos están a perder máis do que gañan co aluguer das terras a eólicas": Xosé Antonio Diéguez, presidente de Ventonoso

Belén Rodríguez (entrev.), Xosé Antonio Diéguez (entrevistado)

  • Nos montes galegos temos máis de 3.700 megavatios instalados, 1.000 MW en tramitación concedidos en 2004 e 2007 e 2.300 adxudicados no concurso de 2010. En total, Galiza acolle un potencial eólico de 6.500 MW, o equivalente á producción de seis centrais nucleares. Porén, o rédito que as empresas eólicas deixan no país é moi baixo, non só o medioambiental, senón tamén o social. A asociación Ventonoso de propietarios de terreos eólicos está formada por 30 comunidades de montes veciñais e uns 2.000 propietarios afectados polo desenvolvemento eólico en Galiza. Desde hai dez anos está traballando para esixir que os beneficios que acadan as eléctricas á costa do noso vento e as nosas terras repercuta de xeito xusto na renda dos habitantes do rural. Xosé Antonio Diéguez é o presidente de Ventonoso.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus