Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Sobreiras do Faro: "brand equity" no monte galego baixo o respecto á Natureza : CMVMC Viladesuso (OIA)

Rafael Lomba Álvarez

  • Cando en maio de 2009 fun elixido presidente da Comunidade de Montes de Viladesuso, no Concello de Oia, en Pontevedra, intentei amosarlles aos comuneiros e comuneiras a necesidade de modificar a visión que tiñamos do noso monte. Isto tiña sentido polos resultados obtidos tras a vaga de incendios de 2006, na que o lume arrasou co 100% do noso monte quedando un monte devastado, invadido por xestas e eucaliptos. Era a única perspectiva de renovar un Plan de ordenación forestal, que a todas luces quedaba obsoleto. O desinterese era total. A idea que eu trataba de transmitir aos veciños e veciñas era a necesidade de mirar doutro xeito o noso monte. Sen desprezar a produción forestal, necesitabamos doutras sinerxias que propiciasen a creación dun novo interese que levase de novo a xente ao monte para traballalo, estudalo, exploralo e gozar del.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus