Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Mentres, os depósitos ilegais seguen na ría

  • Autores: Xocas Rubido
  • Localización: Cerna: Revista galega de ecoloxía e medio ambiente, ISSN 1136-2677, Nº. 68, 2012, págs. 12-13
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Hai máis de doce anos toda a Ría de Arousa "levantouse" contra a instalación dos Depósitos de hidrocarburos de Ferrazo (DHF) no porto de Vilagarcía de Arousa, promovidos polas empresas FINSA e FORESA (F-F). Estas pretendían abaratar custes entrando no mercado libre dos derivados petrolíferos e abastecer as súas plantas de coxeración, así como introducirse na venda a terceiros (gasolineiras). Moitas foron as voces que protestaron pola irracionalidade da localización de semellantes instalación (81.700 m3) no fondo da ría máis rica de Galiza, condenándoa a un tráfico de mercadorías perigosas do que xa temos longa e negra experiencia. En abril de 2006, a sentenza do TSXG ratifica o recurso da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA) contra as resolucións da Consellería de Industria, que autorizaban os DHF, e acorda anular as devanditas resolucións.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno