As eleccións presidenciais francesas, coa vitoria do socialista François Hollande, evidenciaron unha vontade electoral a favor dun cambio político ante a crise imperante na Unión Europea. En perspectiva electoral e política, estes comicios significaron igualmente un aumento do desencanto cidadá co actual modelo de democracia representativa e coa preponderancia das políticas de austeridade financeira. O autor considera que Hollande deberá sopesar diversos equilibrios, motivados pola presión da UE e dos organismos financeiros para manter a austeridade fiscal, e ante as ameazas que se cernen sobre a soberanía estatal e o Estado do benestar
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados