Nos últimos anos, a Comunidade Autónoma Galega veu debilitada a súa influencia institucional na escala internacional. En vez de seguir promovendo e desenvolvendo unha presenza institucional forte, a nova estratexia pasa por fomentar que sexa o sector privado o que se encargue deste cometido. Con esta mesma finalidade o Goberno actual de Galicia está a axudar economicamente ao sector privado para que se internacionalice, especialmente cara mercados tan interesantes para nós como o brasileiro. A pesar desta tendencia é preciso destacar que a estratexia que o Goberno galego actual está a levar en Brasil pasa por combinar a presencia das empresas e a institucional a través de políticas culturais e lingüísticas
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados