Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Comezos do estudo do átomo: o descubrimento do electrón

Félix Soto Iglesias

  • Este ano estase a celebrar o segundo centenario do nacemento de Anto-nio Casares Rodríguez (1812 – 1888) considerado o pai da Química ga-lega, e un dos químicos senlleiros do século XIX en España, en particular no eido da Química Analítica, no que publicou numerosos e importantes traballos. Como pequena homenaxe a súa figura, no presente traballo revísase un dos experimentos fundamentais da Física e a Química mo-dernas, que o profesor Casares non chegou a coñecer, mais hoxe xa se estuda nos institutos: o descubrimento do electrón e, polo tanto da estru-tura interna dos átomos, por Sir Joseph John Thomson. A importancia intrínseca do resultado, a inmensa repercusión na ciencia posterior, así como a elegancia da idea e a relativa simplicidade da montaxe e máis dos cálculos implicados, fan diste esforzo pioneiro da exploración subatómi-ca un magnífico exemplo do traballo científico


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus