Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Turistas, viaxeiros, investigadores e identidades

José María Eguileta Franco

  • Desde distintos conceptos do patrimonio cultural que proveñen da evolución teórica da Antropoloxía e da Arqueoloxía, tentamos formular algunhas cuestións sobre as achegas que estas disciplinas científicas teñen na construción do discurso identitario, na conformación da imaxe do "nós" fronte a dos "outros". Tratamos, tamén, posibles diferenzas entre as miradas dos turistas, os viaxeiros e os estudosos, especialmente porque todos eles proxectan un tipo de visión, tanto sobre as culturas alleas como sobre as propias. Neste último aspecto foi fundamental o papel desempeñado polo Seminario de Estudios Galegos, especialmente por formar un grupo de investigación galego que desenvolveu un intenso traballo de campo, entendendo Galicia como un laboratorio.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus