Tivo lugar os pasados 29 e 30 de outubro en Santiago de Compostela. Organizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), coa colaboración da Asociación Galega de Custodia do Territorio, tratou de acoller a todas as entidades de custodia que están a desenvolver proxectos en Galiza baixo esta forma de participación social na conservación do medio natural para intercambiar experiencias e dar un primeiro chanzo na creación dunha Rede Galega de Custodia do Territorio. Os obxectivos, entre outros, son poder obter unha presenza representativa dos proxectos galegos de custodia nos foros estatais e acadar unha idea máis aproximada da incidencia da custodia no país galego. No encontro, unha vintena de entidades deron a coñecer preto de 30 proxectos.
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados