Os autores presentan unha avaliación completa da política exterior do goberno de Barack Obama cara Cuba, contemplando unha aproximación comparativa con respecto ás estratexias anteriores dos EUA, especialmente por parte do anterior goberno de George W. Bush. Os investigadores Chris J. Dolan e Diane E. Johnson, do Lebanon Valley College (EUA), explican que pese as “cosméticas” reformas e aperturas cara Cuba por parte da Administración Obama, o seu enfoque é continuador do adoptado nas últimas seis décadas por parte das sucesivas Administracións na Casa Branca, unha herdanza que condiciona este enfoque actual e que suxire poucas expectativas futuras de ofrecer un cambio moito mais global nas relacións EUA-Cuba
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados