A encrucillada na que se encontra actualmente o modelo socialista cubano, en especial após a aprobación do Proxecto de Liñas da Política Económica e Social, no VI Congreso do Partido Comunista de Cuba en abril de 2011, marca os esforzos do goberno de Raúl Castro por modernizar e dinamizar a economía cubana. Non obstante, a illa caribeña segue a sufrir unha forte presión exterior, principalmente desde os EUA, ao tempo que outras iniciativas hemisféricas, como a ALBA, lograron reinserir a Cuba dentro do contexto da integración rexional. No entanto, resulta difícil aventurar cal será a orientación das mudanzas que actualmente se realizan en Cuba, e se os mesmos se realizarán estritamente dentro dos marcos do proceso de construción do socialismo.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados