Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Da "Yemáa" á República Arabe Saharauí Democrática (RASD). O camiño cara ao exercicio da soberanía política

  • Autores: Santiago Jiménez Gómez
  • Localización: Tempo exterior, ISSN 1579-6582, Nº. 21, 2010, págs. 71-90
  • Idioma: gallego
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)
  • Resumen
    • Como argumento central, o artigo formula a existencia dunha capacidade soberana indiscutible, recoñecida internacionalmente, e ligada á descolonización pendente do Sáhara Occidental. Partindo dela, formúlase un percorrido que tenta fixar os momentos fundamentais dunha xenealoxía que leva dende os momentos previos á constitución da Yemáa ou asemblea colonial á constitución da República Árabe Saharauí Democrática (RASD). A partir desa declaración autoafirmativa e nun contexto difícil para o novo Estado, desenvólvese un esforzo constituinte e constitucional que busca adaptar a ordenación política e administrativa ás cambiantes conxunturas históricas. O exercicio cotiá da soberanía plásmase na organización administrativa e territorial dos campamentos de Tinduf (Alxeria), onde se ensaia e practica unha estrutura estatal que evidencia a participación social. A actividade diplomática é outra das referencias soberanistas fundamentais trazando un mapa de alianzas e retraementos que dificulta o verdadeiro recoñecemento soberanista que a poboación agarda: aquel que asegura os dereitos cívicos da sociedade.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno