Creada unilateralmente en 1983, a República Turca do Norte de Chipre (KKTC) só posúe o recoñecemento formal da República de Turquía nun contexto definido pola aberta confrontación coa República de Chipre (país membro da UE e da ONU), mais de tres décadas de ocupación militar turca e a intervención de actores externos como Grecia e Turquía. O triunfo do líder nacionalista Dervis Eroglu nas eleccións presidenciais de abril pasado, defendendo a idea “dun Estado e dunha nación universalmente aceptados”, moi probablemente intensificará o grao de conflito coa República de Chipre e, por ende, coa ONU e a UE
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados