Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Unha experiencia coa discapacidade

José Víctor Rodríguez Rodríguez

  • O feito de non estar en contacto directo con persoas con discapacidade, de non vivila no noso contorno du que por comodidade, prexuizos e ignorancia, non queiramos darnos de conta desta realidade, non nos exime de aceptala, convivir con ela, compartila, disfrutala e favorecer a inclusión das personas con calquera que sexa a súa discapacidade, conseguindo unha normalización plena. Propoñemos este proxecto de sensibilización coa discapacidade en centros escolares, partindo da práctica realizada cos alumnos de 2º curso do C.S. de Animación de Actividades Físicas e Deportivas, coa intención, de facelo extensible ao resto do alumnado e involucrando a toda a comunidade escolar no proxecto. Os departamentos adaptarían os seus currículos de forma interdisciplinar para os alumnos, simulando diferentes discapacidades en convivencia co resto da comunidade, podendo observar, experimentar e apreciar de maneira directa esta realidade. Asemade, durante a semana que se leva a cabo, teríamos diversas actividades, entre as que poderíamos atopar, a proxección de filmes referentes á discapacidade, exposicións, xogos e deportes adaptados, concursos, obradoiros, charlas especializadas, entre outras.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus