Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Características das solicitantes da pílula postcoital na provincia de Lugo

Carmen Campo Gesto, Mónica Martínez Rouco

  • Obxectivo: Describir as características das mulleres que solicitan a pílula postcoital (PPC) nos centros de saúde da provincia de Lugo e as variables relacionadas coa solicitude.

    Deseño: Estudo observacional descritivo transversal.

    Participantes: Mulleres que solicitaron a PPC nos centros de saúde da provincia de Lugo entre xaneiro do 2006 e decembro do 2010.

    Medicións principais: Idade, motivo da solicitude, toma previa da PPC no ano anterior e uso de método anticonceptivo.

    Resultados: No período de estudo incluíronse 4051 mulleres.

    A idade media foi de 23.49 anos (IC 95% 23.29-23.69).

    O rango de idade situouse entre 10 e 57 anos. Un 13.48% foron menores de idade. O 40.09% usaron con anterioridade anticoncepción postcoital. O 77.31% utilizou método anticonceptivo nas relacións sexuais. A principal causa de petición foi a rotura do preservativo (76.25%). O día de maior dispensación foi o Domingo (24.98%).

    Conclusións: A muller que solicita a PPC en Lugo é nova, maior de idade, refi re utilizar método anticonceptivo e recorre á PPC por fallo do mesmo. As mulleres novas empregan máis a anticoncepción de emerxencia cas de maior idade. Case en ¾ partes solicítase a PPC por rotura do preservativo, o que parece indicar un mal uso do mesmo ou un sesgo de resposta. Dos datos anteriores dedúcese a necesidade de facer intervencións a nivel de Educación para a Saúde para fomentar condutas sexuais saudables.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus