Galiza é a primeira potencia mundial en produción e exportación de lousa. A explotación deste recurso leva asociada unha problemática ambiental moi específica e característica. O desproporcionado desenvolvemento do sector, a falta de criterios racionais no deseño e planificación das explotacións, unido á inexistencia de previsión ou planificación ambiental provocou que herdaramos unha complexa e problemática situación, non só ambiental e mineira, senón tamén social e económica. O estudo da explotación da lousa en Galiza dá como resultado que a situación ambiental destes coutos mineiros é irreversíbel, que non é posíbel a súa restauración e que é inviábel economicamente a súa recuperación ou rehabilitación. É preciso, pois, un cambio de modelo na explotación das louseiras en Galiza, que se especifica neste artigo.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados