Dentro da campaña por unha ordenación territorial sostíbel "Ponte no medio. Móvete polo territorio", ADEGA organizou a xornada "Cultura e Territorio", xunto co patrocinio de Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Neste acto, que tivo lugar na capital luguesa, destacouse o papel da tradición oral, da cultura e da arquitectura na planificación e deseño do territorio galego, así como instrumentos de creación da identidade propia que hai que protexer.
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados