Eduardo Ramil Rego, María Ofelia Carnero Vázquez
Preséntase un proxecto de posta en valor dunha serie de xacementos arqueolóxicos emprazados no Concello de Vilalba para articular unha ruta vencellada ó Programa Educativo do Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba, pero que a súa vez poida ser aproveitada por outros usuarios en visitas colectivas ou individuais. A intervención deseñada centrarase nun acubillo paleolítico, nunha anta con gravuras, nunha penachantada, e nun castro. Deste xeito nunha visita cunha duración inferior á media xornada poderanse visitar restos dende a Idade da Pedra Lascada, ate a Idade do Ferro.
As actuacións deseñadas de obra civil serán mínimas para atenua-lo impacto no medio circundante, o proxecto fai fincapé na preservación dos elementos e a súa acomodación para acoller visitas, na consolidación e/ou apertura de pequenas sendas peonís, e, especialmente, na colocación de fitos sinalizadores e paneis explicativos.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados