Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


O Outeiro dos Lameiros, tamén arte rupestre.

  • Autores: Xosé Lois Vilar Pedreira
  • Localización: Férvedes: Revista de investigación, ISSN 1134-6787, Nº. 5, 2008, págs. 505-512
  • Idioma: gallego
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)
  • Resumen
    • En febreiro de 1984 foi localizado este xacemento arqueolóxico con máis de 30 superficies con gravados. Emprázase entre os 180 e os 200 metros. Os petróglifos dispóñense na zona chan (Os Campos e Os Lameiros) que é unha portela entre O Outeiro do Ceboleiro polo sur e O Outeiro dos Lameiros polo norte. Nas paredes deste atopamos unha superficie vertical de 15m. de longo por 5m. de altura onde aparecen representados uns 78 zoomorfos, de seguro cabalos. Tres deles, polo menos, montados. No panel hai tamén figuras abstractas como circos, coviñas e tres motivos únicos: un escaleiriforme, un estreliforme e un óvalo con apéndices e divisións internas como figura central de todo o conxunto.

      Na zona baixa hai superficies con circos, coviñas, alfabetiformes, zoomorfos e reticulados (máis de 20). Dicimos no título "Tamén arte rupestre" porque este espazo da representación é ou foi canteira, lugar de paso entre aldeas, devesa real, tomada (propiedade particular) con forte carga histórica no 36, lugar de pasto e recollida de leña e estrume e límite entre parroquias. Agora tamén un museo ó aire libre por iniciativa da Comunidade de Montes en Man Común de Sabarís.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno