Josefa Rey Castiñeira, Emilio Abad Vidal, Nuria Calo Ramos, María Martín Seijo, Lucía Quindimil García, Aldara Rico Rey, Manuel Rodríguez Calviño, Andrés Manuel Teira Brión
Presentamos un resumen dos resultados do proxecto subvencionado pola Dirección xeral de Patrimonio, obtidos a traves da análise exhaustiva da cerámica castrexa, as fusaiolas e os restos antracolóxicos e carpolóxicos extraídos nas campañas 2002-2003, dirixidas por Angel Acuña no castro de Punta do Muiño do Vento (Vigo, Pontevedra).
Se trata de unha intervención arqueolóxica sobre materias nos que se pretende un traballo coordinado de diferentes lineas de investigación de unha maneira sistemática a paritir do diseño dunha infraestructura de datos.
A diagnose tipolóxica das cerámicas señala unha ocupación importante do castro durante o Ferro inicial e Ferro medio prerromano -VII-II aC- e son poucas as evidencias relacionadas cunha fase do Bronce final e do Ferro final ou cambio de era. As súas formas e decoracións son propias da tradición oleira das Rías Baixas, pero tamén consumen alguns productos da comarca do Miño, sobre todo as denominadas tixolas.
A análise carpolóxica determinou a existencia dun consumo combinado de froitos cultivados e silvestres, e os resultados obtidos da análise antracolóxica (e das improntas sobre arxila) permitiron definir as especies arbóreas e arbustivas explotadas como combustibles e como madeira de construción e sinalan a importancia que o bosque tiña durante a Idade do Ferro abastecendo de froitos, madeira e leña, e completan os datos sobre as prácticas agrícolas desenvolvidas durante este periodo.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados