Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de A lexislación laboral en España. Os gobernos conservadores (1875-1920)

José María Miranda Boto, Luis Velasco Martínez

  • Dende a segunda metade do século XIX, e ata a chegada da mentalidade conservadora corporativista durante a ditadura de Primo de Rivera, comezouse a desenvolver a lexislación laboral en España. Nese senso, resultaron pezas claves nese desenvolvemento os distintos gobernos de signo conservador do período. Neste artigo repasaremos a obra lexislativa conservadora, centrándonos nalgúns dos aspectos ideolóxicos que facilitaron o que creemos foi unha aposta conservadora pola regulación do mundo do traballo en España. Finalmente proporemos algunhas interpretacións para intentar explicar este fenómeno, así como a súa importancia para o posterior desenvolvemento da ideoloxía conservadora na España do século XX.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus