Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Documentación e rexistro da estación rupestre de Cova da Bruxa, Muros (A Coruña)

Jorge Juan Eiroa García, Manuel Antonio Franco Fernández, Josefa Rey Castiñeira

  • Presentamos os sistemas de documentación, os resultados relacionados coas intervencións de campo realizadas nas campañas 2006 e 2007 nesta estación rupestre e os obxectivos globais nos que se enmarca esta intervención, relacionados coa divulgación escolar e turística da arte rupestre do concello de Muros e de outros xacementos arqueológicos.A fotografía nocturna, os frotados, os calcos e o levantamento topográfico do batolito coa xeoreferenciación dos motivos, que facilitan a representación tridimensional, favorecen o estudio das figuras, das composicións representadas e dos espacios ocupados polos motivos. Todo elo permite unha interpretación estilística con significados evolutivos, simbólicos e espaciais. Tamén se evalúan as metodologías de rexistro empregadas para adquirir unha fonte de interpretación. Por outra banda a limpeza do entorno proporcionou datos interesantes sobre a historia dos gravados no afloramento, relacionados coa distribución dos mesmos e incluso sobre a súa factura.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus