Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Novas consideracións entorno ó xacemento Achelense das Gándaras de Budiño

Eduardo Méndez Quintas

  • O xacemento de As Gándaras de Budiño é un referente ineludible a hora de tratar as primeiras etapas da presenza humana no noroeste peninsular. Aínda que o xacemento foi escavado en repetidas ocasións ( en 1963 por Emiliano Aguirre, entre 1980-82 por Xulio Vidal Encinas e finalmente entre 1991-1992 por Dolores Cerqueiro, Mª Luisa Pérez e Anxo López-Felpeto) o coñecemento sobre o contexto xeoestratigráfico, as carácterísticas e representatividade das industrias é deficitario.

    As revisións das series de excavacións antigas tendo en conta a natureza de cada un dos niveis estratigráficos que as soportan, permite obter unha visión substancialmente diferente da recollida na historiografía arqueolóxica galega. Estamos perante unha industria homogénea (tecnológica e cronoculturalmente) propia do achelense da segunda metade do Pleistoceno Medio, resultado da actividade humana na antiga beira do rio Louro (actual terraza de +24 m.). A existencia de industria lítica en niveis superpostos, ó episodio fluvial, non responde a ocupacións paleolíticas posteriores, senón a fenómenos xeoestratigráficos. Estas industrias atópanse redepositadas a partir do nivel fluvial e afectadas por procesos de selección sedimentaria O xacemento de As Gándaras de Budiño é un referente ineludible a hora de tratar as primeiras etapas da presenza humana no noroeste peninsular. Aínda que o xacemento foi escavado en repetidas ocasións ( en 1963 por Emiliano Aguirre, entre 1980-82 por Xulio Vidal Encinas e finalmente entre 1991-1992 por Dolores Cerqueiro, Mª Luisa Pérez e Anxo López-Felpeto) o coñecemento sobre o contexto xeoestratigráfico, as carácterísticas e representatividade das industrias é deficitario.

    As revisións das series de excavacións antigas tendo en conta a natureza de cada un dos niveis estratigráficos que as soportan, permite obter unha visión substancialmente diferente da recollida na historiografía arqueolóxica galega. Estamos perante unha industria homogénea (tecnológica e cronoculturalmente) propia do achelense da segunda metade do Pleistoceno Medio, resultado da actividade humana na antiga beira do rio Louro (actual terraza de +24 m.). A existencia de industria lítica en niveis superpostos, ó episodio fluvial, non responde a ocupacións paleolíticas posteriores, senón a fenómenos xeoestratigráficos. Estas industrias atópanse redepositadas a partir do nivel fluvial e afectadas por procesos de selección sedimentaria.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus