No noso contorno existe unha problemática importante e moitas veces descoñecida como é a contaminación acústica. Sinxelas consideracións permitirían dar solución, en maior ou menor medida, a este problema. De feito, segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), actualmente España é o segundo país do mundo que máis ruído presenta; só superado por Xapón. No presente artigo amósanse distintas solucións de uso cotián para reducir este tipo de contaminación con exemplos gráficos de medidas adoptadas na nosa Comunidade. Faise, ademais, un breve repaso a dous aspectos fundamentais para dar solución a este problema: o tipo de materiais que se deben empregar e onde se deben situar. Asemade, preséntase unha nova alternativa nacida en Galiza no marco da normativa vixente e do tan ansiado desenvolvemento sostíbel consistente no aproveitamento dun dos nosos recursos naturais renovábeis (a biomasa) para controlar os ruídos.
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados