Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Ecoloxía trófica da curuxa común "Tyto alba" na comarca de Deza (Pontevedra)

Ramón Balado Fernández, Jesús Taboada Martínez

  • Neste traballo preséntase unha aproximación ao coñecemento da dieta da curuxa común "Tyto alba" nunha área do centro de Galicia (comarca de Deza, Pontevedra). Mediante a análise de egagrópilas determinouse un total de 911 presas, correspondentes, case na súa totalidade, a micromamíferos. Utilizouse a porcentaxe de abundancia numérica como criterio para establecer tres categorías segundo a importancia das distintas especies como presa: fundamentais, constantes e ocasionais. Os resultados son analizados por especies ("Microtus lusitanicus" foi a presa máis importante, seguida de "Apodemus sylvaticus"), por grupos taxonómicos (roedores arvicolinos e murinos, insectívoros e "non mamíferos") e por localidades (nove estacións elixidas pola súa ubicación en cuadrículas UTM 10x10 km).


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus