Oscar Rivas, José Otero, Augusto de Castro, Luis Llaneza Rodríguez
No presente traballo descríbese a confirmación da cría de sisón "Tetrax tetrax" na Terra Chá (Lugo) en base á recolección dun ovo, eclosionado en catividade, procedente dun niño de tres ovos localizado o 25 de xuño de 2005. O número de machos cantores no 2005 foi similar ao de 2004: 17 no núcleo principal de Veiga de Pumar-Arneiro-Goá (Cospeito-Castro de Rei) e dous no sector A Espiñeira-A Croa (Cospeito). As concentracións postnupciais no sector Veiga de Pumar-Arneiro-Goá mostraron un máximo de 100 exemplares a mediados de setembro, mentres que no sector A Espiñeira-A Croa se rexistrou durante todo o período posreproductor un bando de oito exemplares. Discútese sobre a orixe da poboación posreprodutora e sobre os efectos dos usos agrícolas.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados