Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Nidificación urbana de gaivotas no concello de Viveiro

  • Autores: Jorge Mouriño
  • Localización: A Carriza: revista da Sociedade Galega de Ornitoloxía, ISSN 1889-3775, Vol. 4, Nº. 2, 2009 (Ejemplar dedicado a: Actas do VI Congreso Galego de Ornitoloxía e V Xornadas Ornitolóxicas Cantábricas), págs. 63-71
  • Idioma: gallego
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)
  • Resumen
    • Neste traballo se caracterizan as colonias urbanas de gaivotas de Viveiro (Lugo, Galicia) como base para o deseño de medidas de xestión que reduzan o seu impacto social. O conteo de parellas reprodutoras obtívose sumando Niños Aparentemente Ocupados (NAOs) e Territorios Aparentemente Ocupados (TAOs). Caracterizáronse os sitios de ubicación dos niños e volcáronse os datos nun Sistema de Información Xeográfica (SIG) para facilitar a monitorización e o tratamento de datos. No ano 2005 localizáronse 196 niños e contabilizáronse un total de 250 parellas reprodutoras de gaivota patiamarela "Larus michahellis" en tres colonias ubicadas en diferentes núcleos urbanos, con desigual densidade de parellas nidificantes. Nun dos núcleos detectáronse tamén dúas parellas de gaivota escura "L. fuscus" e se confirmou por primeira vez a nidificación urbana desta especie en Galicia. Os niños situáronse principalmente en cubertas (97,9%), maioritariamente apoiados en diferentes estruturas (90,8%) e ocupando distintos edificios (o 91,1% dos edificios ocupados contaban cun só niño). Os escasos datos previos apuntan a unha expansión e crecimento das colonias de gaivotas nidificantes en medio urbano en Viveiro, que sitúan a este concello como o cuarto con maior número de parellas de gaivotas urbanas en Galicia, e representan o 6% dos efectivos de gaivota patiamarela da Mariña lucense. O seu tamaño e dispersión actual dificultan e encarecen unha posible eliminación da colonia. Proponse actuar retirando niños e ovos de ubicacións que provoquen queixas veciñais, instalar estruturas repelentes nos edificios implicados, e detectar e actuar en etapas iniciais da colonización en novos sectores urbanos.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno