Neste traballo analízanse nove egagrópilas de picapeixe "Alcedo atthis" procedentes do río Miño en Lugo. Identificáronse 51 presas: "Chondrostoma" sp. (52,9%) e "Gasterosteus gymnurus" (47,1%). Este último é citado por primeira vez como presa do picapeixe na península Ibérica. Os resultados dos análises, no que se refire á porcentaxe relativa das diferentes presas, coinciden mais co atopado noutras localidades europeas que cos estudos levados a cabo en España. O tamaño das presas consumidas foi de 2 a 5 cm, presentando tamaños significativamente mais pequenos os "Gasterosteus". Para ambos taxons en conxunto os tamaños coinciden co atopado nalgunha localidade da península Ibérica, aínda que segundo a meirande parte dos estudos a especie soe consumir peixes de maior talla.
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados