Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Situación da poboación nidificante da andoriña das barreiras "Riparia riparia" en 1998 nos vales do Miño pontevedrés

Miguel A. Conde Teira, César Vidal

  • Preséntase un censo da poboación nidificante da andoriña das barreiras "Riparia riparia" na bacía do Miño pontevedrés en 1998. Realizáronse dúas visitas, como mínimo, a cada colonia, unha na primeira quincena de maio e outra a primeiros de xuño. Esta última deu cifras máis elevadas de ocupación, polo que se escolleu como máis representativa. O censo deu un resultado de 445-511 parellas repartidas entre 14 colonias comportas por 1 a 154 parellas, cunha densidade no territorio de 0,55.0,63 parellas/km2. Un 70% da poboación nidificou en graveiras, barreiras ou areeiras a baixa altitude e só un 1% en taludes naturais de ríos. Un 14% (72 parellas) nidificou en buratos de muros de cemento, todos eles nunha soa colonia xa coñecida.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus