Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


O paso migratorio posnupcial do cullereiro "Platalea leucorodia" na ría de Foz

  • Autores: Luis José Salaverri Leiras
  • Localización: A Carriza: revista da Sociedade Galega de Ornitoloxía, ISSN 1889-3775, Vol. 4, Nº. 1, 2009, págs. 17-30
  • Idioma: gallego
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)
  • Resumen
    • Neste estudo preséntanse os resultados dun seguimento intensivo do paso migratorio posnupcial do cullereiro "Platalea leucorodia" durante o períood 1999-2001, co fin de avaliar a importancia da ría de Foz (incluída no inventario de IBAs en España) para a especie. O paso tivo lugar principalmente dende a segunda quincena de setembro ata mediados de outubro, cun máximo a finais de setembro-principios de outubro. O tempo medio de estacionamento foi de 2-3 días. Houbo unha maioría de aves inmaturas (77,6%), o que suxire unha migración diferencial segundo a idade. Os cullereiros usaron case toda a ría, aínda que se concentraron en áreas moi determinadas para alimentarse e descansar. Rexistráronse molestias ás aves por recolledores de xorra "Nereis diversicolor" e por embarcacións de recreo, provocando estas o abandono do esteiro por parte dos cullereiros. Baseándose na observación e nas aves aneladas, aparece unha clara vinculación entre a enseada do Grove e a ría de Foz e, secundariamente, con outros humidais do Cantábrico. A abundancia de cullereiros censados durante as migracións confire a este espazo importancia nacional para a especie.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno