Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


O urbanismo na Galiza: de onde vimos e cara a onde imos

  • Autores: Fernando Adolfo de Abel Vilela, Froilán Pallín Seco
  • Localización: Cerna: Revista galega de ecoloxía e medio ambiente, ISSN 1136-2677, Nº. 63, 2010, págs. 20-21
  • Idioma: gallego
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)
  • Resumen
    • Recorda o profesor Tomás Ramón Fernández, na súa xa clásica obra "Manual de Dereito urbanístico", unha cita do libro branco inglés Land, cal é o quicio do fenómeno urbanístico como feito de relevancia social e económica. Sen reproducila na súa integridade, chega a referencia á súa primeira frase: "de todos os recursos materiais dos que se pode dispoñer nestas illas, o solo é o único que non se pode incrementar". Evidentemente, a afirmación é esaxerada, mais non por iso deixa de ser certa. O urbanismo no Estado español ten tornado nun problema nos tempos modernos, a partir da época do "desarrollismo" económico, un problema ao que non somos alleos na Galiza e que, coma se fose unha árbore perversa, veu desenvolvendo ramificacións diversas, mesmo penais. E na base do problema está a concepción do solo como un produto susceptíbel de ser transformado sen outros condicionamentos que a definición dun proceso pouco menos que industrial. Pretendemos neste breve escrito reflexionar acerca do tremendo erro que tal entendemento supón e sobre as súas gravísimas consecuencias.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno