Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Os centros de investigación mariña en Galiza

Xandro García Regueira

  • A moita contaminación que leva sufrido, as inxentes cantidades de recursos que extraemos, os moitos metros que lle levamos gañado..., fannos crer que o mar pode con todo, pero non é certo. Hoxe xa non se pesca coma antes e é moi difícil atopar franxas de costa que non estean humanizadas. Estes son sen dúbida síntomas de que a nosa relación co mar non está a ser respectuosa. A investigación pode darnos os medios para evitar que a situación empeore. Unha mellor comprensión dos procesos que teñen lugar nel, unha xestión sustentábel dos recursos ou unha mellora na xestión de residuos son aspectos que a investigación pode e debe axudar a aplicar no mar.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus