Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Fundación Vicente Ferrer: un modelo de intervención comunitaria para acadar os obxectivos de desenvolvemento do milenio

María José Teijeiro Dacal, Isabel Vázquez Gómez

  • Neste artigo recóllense algúns aspectos relacionados coa xestión de programas de intervención comunitaria que a Fundación Vicente Ferrer (FVF) leva a cabo en Anantapur (India). O seu traballo comezou hai máis de 40 anos, nun dos lugares máis pobres do planeta, e no que, para todos os expertos da época, hoxe debería estar deshabitado como consecuencia das súas condicións ambientais e climatolóxicas. Pero o tempo demostrou que, cunha boa xestión, correctamente planificada no tempo, con obxectivos ben definidos a curto e longo prazo, utilizando adecuadamente os recursos e respectando as características e valores socioculturais do contorno, obtéñense bos resultados.

    Analizando polo miúdo tanto os seus métodos como os seus resultados, observase que teñen un grande paralelismo coas recomendacións, tanto das Nacións Unidas como da propia OMS, para combater os grandes problemas da humanidade, case todos eles derivados de situacións de inxustiza social e de falta de equidade no reparto da riqueza.

    No curso dunha viaxe á India no outono do ano pasado, visitamos os proxectos da FVF e quedamos sorprendidas da visibilidade dos seus resultados e do seu modelo de xestión, baseado en intervencións simultáneas sobre os diferentes aspectos que interveñen na saúde das persoas, algún dos cales tratamos de expoñer ao longo deste texto.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus