Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Transporte público e áreas metropolitanas: aplicación aos casos de Vigo-Pontevedra e A Coruña-Ferrol

Mar González Savignat

  • O obxectivo deste traballo é dobre. En primeiro lugar, recóllese e analízase información acerca das características técnicas dos operadores de transporte urbano e interurbano en autobús no contexto das áreas metropolitanas de Vigo-Pontevedra e A Coruña-Ferrol.

    Por outra parte, analízase a eficiencia produtiva destas empresas.

    Para iso, utilizando distintas fontes de información, estímase unha función de custos translogarítmica para o conxunto de empresas urbanas e interurbanas que prestan servizo na área relevante deste traballo. A función de custos incorpora como variable a lonxitude da rede en que opera cada compañía, o que permite contrastar a presenza de economías de escala e densidade. Os resultados son moi valiosos e útiles para avaliar posibles cambios nas políticas públicas relacionadas coa organización e estrutura do mercado analizado e o tamaño dos operadores.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus