Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de A prestación supramunicipal do servizo de bombeiros nas áreas metropolitanas de Galicia

José María Mella Márquez, Asunción López López

  • O obxecto deste capítulo é identificar os factores de risco dos diferentes contornos demográfico, urbano residencial e industrial e de tráfico no contexto da evidencia internacional, nacional e rexional do servizo de extinción de incendios e salvamento. A metodoloxía seguida é dobre: por unha banda, baséase nos coeficientes de intervención, e, pola outra, nos cadros de persoal necesarios para cada tipo de vehículo e intervención. Realízase unha análise da actividade dos parques, dos tempos de desprazamento, das dotacións en recursos humanos e materiais, e dos custos. Conclúese que a prestación a través de consorcios é a máis adecuada tanto desde o punto de vista da eficiencia e das economías de escala como da calidade do servizo.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus