Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Análise dos custos do servizo de recollida de residuos sólidos en Galicia

Germà Bel i Queralt, Xavier Fageda Sanjuan

  • Neste traballo analízanse os factores determinantes dos custos do servizo de residuos sólidos. A análise empírica baséase na información dispoñible dunha enquisa realizada para unha mostra de municipios galegos.

    Os principais resultados da análise empírica son os seguintes.

    Obsérvase a existencia de conxestión nos grandes municipios onde a poboación está máis concentrada no núcleo principal. En relación cos municipios de menor poboación, constátase que a dispersión da poboación aumenta os custos. Para estes municipios, tamén se encontra a existencia de economías de escala, de maneira que a cooperación intermunicipal podería permitir o aforro de custos. Finalmente, excepto para os municipios de maior poboación, parece que a produción privada é máis custosa que a produción pública.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus